domingo, 10 de mayo de 2015

Concepción Arenal


 Concepción Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
 A maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente 
a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca  da súa familia.
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.
Tivo o cargo de "visitadora de prisións de mulleres" en 1863,
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller. (fonte: Galipedia)

Película sobre a súa vida: na  Biblioteca de Barro


Martha Graham

 Martha Graham, nace o 11 de maio de 1894, bailarina e coreógrafa, será considerada como uhna das pioneiras da danza moderna.  A súa arte pódese comparar ao que aportou Picasso ás artes visuais, por iso chámana a Picasso da Danza. Ideará unha nova linguaxe de movemento  para mostrar a paixón, a rabia ... 

Barbara Morgan's portrait of Martha Graham may be the most famous photo ever taken of an American dancer.


Read more: http://www.smithsonianmag.com/arts-culture/an-unforgettable-photo-of-martha-

miércoles, 6 de mayo de 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS TERRAS DO UMIA

A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convocou o VII concurso de microtextos (curso 2014-2015).
Participaron  os centros educativos que integran a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. 

  • Unha alumna de Barro foi a autora dun dos dous relatos gañadores do Primeiro Premio.

Velaquí o   texto gañador de Uxía Outón de 4º da ESO:

ORIENTE MEDIO

Deixouse caer rendida diante daquela xente. Tentou buscar a resposta: Canto doe a inxuria?
Recreación dunha lapidación en Bruxelas 
Cincocentas pedras




  • Este foi outro dos textos seleccionados, de Ana Cancela Rodríguez (4º da ESO) para participar 


O MUNDO PERFECTO

Sacoulle unha foto ao gato que se atopaba no muro e cando levantou a mirada, o gato desaparecera. Enfocou cara unha árbore e sucedeu o mesmo.
Eliminou cincocentas cousas que lle molestaban. Cando acabou coas que odiaba, enfocou ao sol, ás casas, ás rúas...
Despois, mirou o reloxo, comprobou a hora e foi buscar un espello.

A persistencia da memoria
Cuadro de Salvador Dalí , tamén coñecido como Os reloxos brandos