lunes, 29 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA


CARTEL PARA A " MOBILIZACIÓN" NO RECREO O DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA. 

ACTIVIDADE CO MÓBIL NO DÍA DE ROSALÍA

VISITA Á CASA DE ROSALÍA (febreiro 2016)




MURAL FEITO POLOS ALUMNOS de Ed.Plástica  

miércoles, 24 de febrero de 2016

A OPINIÓN DOS ALUMNOS

MIRIAM  GÓMEZ CALVO   recoméndanos: 

Cuando Hitler robó el conejo rosa     Judith Kerr

Recoméndoo porque é un libro entretido  e,  a pesar de ter  un fondo tráxico,   hai cousas divertidas e está contado desde un bo punto de vista. 
Ten un fondo triste porque trata dunha rapaza  que se chama Anna que é xudía, polo que ten que marchar de Alemaña  para fuxir de Hitler.  Na súa fuxida pasaron por tres países: Francia, Suiza e Inglaterra.  Gustoume moito.

Mil soles espléndidos  Khaled Hosseine
É un libro moi entretido. Resulta interesante  aprender cómo vive  a xente de Afganistán  e sobre todo as mulleres. 
Sorprendeume que empeza falando sobre unha rapaza que se chama Mariam  e despois na segunda parte do libro  empeza a falar doutra rapaza que se chama Laila, algo totalmente distinto e fai que case nos olvidemos de Mariam . 
Despois xa comprendin a razón  e gustoume moito esa maneira de presentarnos as dúas protagonistas. Vale a pena lelo, encantoume. 



 Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas

"Recomendo este libro porque me parece interesante aprender como vivía antes a xente campesiña en Galicia e é algo que os rapaces deberiamos coñecer"


Yo soy Malala
" Conta a vida de Malala, unha rapaza que case perde a vida por defender o dereito das rapazas á educación.  É moi interesante e gustoume moito. Contrariamente ao que se pode pensar non é nada aburrido"


La llamada de la selva    Jack London 

"Recomendo este libro porque nos relata a dura vida dun San Bernardo ao que venderon  como can de trineo. A historia principal e os tres relatos do final están ambientados no Canadá na época dos buscadores de ouro.  Gustoume moito, resulta moi entretido."


Nunca digas nunca     Amy Lab

"Non se trata só dunha historia romántica, normalmente demasiado previsibles. Detrás das vidas dos personaxes agóchase un misterio."


viernes, 19 de febrero de 2016

FESTIVAL DE NADAL

XOGO DE NADAL

Consiste en 8 probas:
  • Cultura xeral.
  • Teatro.
  • Música.
  • Baile
  • Debuxo
  • Escultura
  • Literatura
  • Circuito físico.




ENTREGA DE PREMIOS

Concurso de cultura xeral (1º e 2º ESO)

Concurso de cultura xeral  (3º, 4º ESO)


Agraciadas coas  cestas  de Nadal 

Cartas a Santa Claus en inglés




OUTRAS ACTIVIDADES DA PRIMEIRA AVALIACIÓN


SAÍDA AO TEATRO: O principio de Arquímedes

 RECUPERACIÓN  DE FONTES ORAIS do Concello: A TOPONIMIA 


TRABALLOS SOBRE DOAZÓN DE ÓRGANOS 

PRESENTACIÓN ORAL E ESCRITA SOBRE PERSOEIROS FRANCÓFONOS


INTERCAMBIO DE CARTAS CUN INSTITUTO DE NORMANDÍA 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Visionado da presentación contra a violencia de xénero
elaborada  pola profesora Susana Lorenzo 
Formación dos profesores do IES  de Barro e do CPI de Moraña,  durante o curso escolar 2015-16,    para previr violencia . Obradoiro  Igualdade e bo trato para profesores e alumnos. 

SAMAÍN E MAGOSTO

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 
RECUPERACIÓN DA TRADICIÓN ORAL 
Gañadora do concurso: para ler o texto clica aquí
CONCURSO DE SOBREMESAS DO MAGOSTO NO BLOGUE DE NORMALIZACIÓN


TODO O MUNDO PARTICIPA NOS XOGOS TRADICIONAIS DO MAGOSTO, PREPARADOS POR DAVID.  

Petanca, sogatira, loita celta,  chave, carreiras de sacos, billarda, brilé, pano ...